Rosalía de Castro

 DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 23 de febreiro, día do nacemento de Rosalía, está adicado a esta marabillosa escritora que potenciou e deu valor á literatura no noso idioma galego e foi tanto unha persoa clave no movemento feminista coma unha férrea defensora da natureza.

Aquí vos deixamos uns versos en galego e castelán e uns traballos do noso alumnado.


'Quíxente tanto, meniña' ('Cantares gallegos', 1863)


"Quíxente tanto, meniña,


tívenche tan grande amor,


que para min eras lúa,


branca aurora e craro sol;


augua limpa en fresca fonte,


rosa do xardín de Dios,


alentiño do meu peito,


vida do meu corazón".


Así che falín un día


camiñiño de San Lois,


todo oprimido de angustia,


todo ardente de pasión,


mentras que ti me escoitabas


depinicando unha frol,


porque eu non vise os teus ollos


que refrexaban traiciós.


Dempois que si me dixeches,


en proba de teu amor


décheme un caraveliño


que gardín no corazón.


¡Negro caravel maldito,


que me fireu de dolor!


Mais a pasar polo río,


¡o caravel afondou!...


Tan bo camiño ti leves


como o caravel levou.












Comentarios

Publicacións populares deste blog

Letras Galegas no malecón

ENTROIDO