Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2023

Letras Galegas no malecón

Imaxe
Participamos como cada ano, co resto dos centros da comarca, facendo unha Homenaxe a Francisco Fernández del Riego no paseo do malecón do Barco de valdeorras. https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=pfbid0G5qTMDgy2XavHqxbDcfQ3oApVSDugZss95ZBFZcmbmTQxjxE3Ykb3s4qX8496yZol&id=100014881544659

Letras Galegas 2023

Imaxe
Celebrábamos outro ano mais as Letras Galegas no centro, facendo unha pequena homenaxe a Francisco Fernández del Riego. Os bailes e o canto do himno galego foron os nosos pratos fortes nun pequeno festival que tivo lugar na PRAZA de Viloira. Velaquì as imaxes:

O noso Maio

Imaxe
 OS MAIOS Xa chegou o día do maio Felices de poder celebrarlo Cos amigos e as amigas  Brincando e xogando. Esta festa en primavera Ten moita tradición  Ven desde hai moito tempo Xa a facían os avós.

8M

Imaxe
 8M DÍA DA MULLER  Para conmemorar o dia da muller , puxémoslle o nome dunha muller destacada a cada aula para que perdure no tempo.  Cada grupo de alumnos fixo un cartel explicativo da muller escollida, e durante este mes, na aula de polos, imprimirán en 3D silueta e nome de cada unha delas, para sinalizar a porta da aula.  Tamén traballamos sobre as mulleres importantes da nosa vida.

Rosalía de Castro

Imaxe
 DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO O 23 de febreiro, día do nacemento de Rosalía, está adicado a esta marabillosa escritora que potenciou e deu valor á literatura no noso idioma galego e foi tanto unha persoa clave no movemento feminista coma unha férrea defensora da natureza. Aquí vos deixamos uns versos en galego e castelán e uns traballos do noso alumnado. 'Quíxente tanto, meniña' ('Cantares gallegos', 1863) "Quíxente tanto, meniña, tívenche tan grande amor, que para min eras lúa, branca aurora e craro sol; augua limpa en fresca fonte, rosa do xardín de Dios, alentiño do meu peito, vida do meu corazón". Así che falín un día camiñiño de San Lois, todo oprimido de angustia, todo ardente de pasión, mentras que ti me escoitabas depinicando unha frol, porque eu non vise os teus ollos que refrexaban traiciós. Dempois que si me dixeches, en proba de teu amor décheme un caraveliño que gardín no corazón. ¡Negro caravel maldito, que me fireu de dolor! Mais a pasar polo río, ¡

Construìndo RELACIÓNS de bo trato

Imaxe
CONSTRUÍNDO RELACIÓNS DE BO TRATO O pasado 1 de Febreiro levouse a cabo a segunda sesión deste obradoiro pola igualdade promovido polo Concello do Barco para alumnado de 5* e 6* de primaria.    

30 de Xaneiro 🕊 🕊

Imaxe
Celebramos neste 30 de Xaneiro o dia da non Violencia e a Paz, o cal, vense celebrando dende 1964. Nesta data conmemórase a morte de Gandhi.  Conmemoramos este día co fin de educar no respeto, tolerancia, solidariedade, respecto os Dereitos Humanos e a non violencia, e a Paz.  A continuación algúns dos traballos realizados polo alumnado : Enlace 🔗 ao programa radiofónico grabado polo alumnado de segundo de educación primaria  :https://drive.google.com/file/d/1JpIAo1IUxdPDquS8tsTqSOp1CoisMOP8/view