Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2019

ROSALÍA DE CASTRO

Imaxe
                CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO E DO MES DA POESÍA  O 24 de Outubro de 1837 ,nacía en Padrón,  Rosalía de Castro; poetisa  e novelista , co nsiderada entre os grandes poetas da literatura española do sèculo  xix.     E 182 anos despois, recordámola como unha das grandes precursoras da poesía moderna. No noso centro quixemos renderlle unha pequena homenaxe: mesturando  grandes e pequenos, realizamos unha actividade conxunta consistente na lectura por parellas dun poema da escritora para, a continuación, debuxar nun mural o que ese fragmento lle inspirou a cada un. Este foi o resultado.

O OTERO PEDRAIO EN SOMOS COMARCA

Imaxe
DIA DA PAZ🌎 Este 30 de Xaneiro,celebràbamos no centro o «Dia da Paz e a non violencia». Para elo contamos coa presenza dunha gran profesional 🎹que nos deleitou coa sùa música🎶🎶. Deixámosvos a reportaxe do xornal. https://somoscomarca.es/sara-marianovich-celebra-el-dia-de-la-paz-en-el-ceip-otero-pedrayo/

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Imaxe
📚DÍA DAS BIBLIOTECAS  ESCOLARES 📚       Para esta conmemoración, celebrada o dia 24 de Outubro de 2018, decidímonos este ano por uns contacontos para todo o alumnado. Dende infantil ata sexto de primaria desfrutaron dun día moi especial e divertido,no que, tiveron que estar moi atentos os diferentes contos. 👁👁 as imaxes para ver os nosos pequen@s moi atentos!!

Exposición

Imaxe
EXPOSICIÓN FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN       O pasado mes de Outubro o alumnado de terceiro a sexto de primaria participou nunha actividade proposta pola biblioteca municipal para achegar a obra deste autor valdeorrés aos pequenos da vila.        Personaxes de medo da cultura galega eran os protagonistas dos carteis realizados pol@s nen@s de diferentes colexios.