Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2024

🕊 🕊 30 de Xaneiro 🕊 🕊

Imaxe
DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ. 30 DE XANEIRO Este ano conmemoramos este día cunha cantiga e un baile de todo o alumnado con cintas brancas "Receita de paz , a confección grupal dun símbolo da Paz, a elaboración de chapas e a impresión do símbolo en 3D. Aquí tedes as imaxes!

SAMAÌN

Imaxe
SAMAÌN O Dia 31 de Outubro, celebramos no centro o Samaìn. As comidas monstrosas, elaboradas polo propio alumnado, foron a guinda do pastel dun día cheo de terroríficos personaxes deambulando polo colexio. Ademais, familias e alumnado elaboraron unhas 🎃 monstruosas que se espuxeron no cole.
Imaxe
24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES Dende o Equipo de dinamización da Biblioteca Escolar, elaboráronse pegadas con frases, que marcan o camiño que seguimos para chegar a biblioteca. Ademais ,a rapazada decorou un marcapáxinas.

Obradoiro de nutrición

Imaxe
No centro, desenvolveuse un taller de nutrición impartido pola nutricionista do Centro de Saùde do Barco repartido en dous días : - 6 de Outubro:" Comendo cores" para 3°e 4° de Educación Primaria. - 30 de Outubro: "Garabanciño come saniño" para 1° e 2° de Educación Primaria.

A nena que vivia nunha caixa de mistos

Imaxe
TEATRO: A NENA QUE VIVÍA NUNHA CAIXA DE MISTOS CULTURA POR ALIMENTOS O alumnado de 2º a 6º de primaria acudiu na mañá do 29 de Setembro ao Teatro Lauro Olmo para asistir á representación da obra teatral con música en directo da obra "A Nena Que Vivía Nunha Caixa De Mistos" dentro do programa "Cultura por Alimentos", polo que cointribuiron coa achega dun alimento non perecedeiro qque será doado a Cáritas.

Asociación Cultural Abertal

Imaxe
ASOCIACIÓN CULTURAL ABERTAL O pasado 26 de Setembro no salón de actos "Fuxan os Ventos" do noso colexio, encheuse de música tradicional, coa visita dalgúns compoñentes da Asociación Abertal, que quixo achegar a súa música e presentar algúns instrumentos aos nosos pequenos e animalos a formar parte da súa familia.