Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2019

Exposición na Biblioteca

Imaxe
ANTÓN FRAGUAS NA BIBLIOTECA DO BARCO       O alumnado de cuarto a sexto de primaria, participa na biblioteca Municipal do Barco: Florencio Delgado Gurriarán, nunha charla e exposición informativa sobre a vida e obra de Antón Fraguas, autor homenaxeado polas letras galegas 2019.

LETRAS GALEGAS CON OUTROS CENTROS

Imaxe
  Os centros educativos do Barco, participamos  nesta actividade,que como todos os anos, é levada a cabo baixo a coordinación dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega para homenaxear  a Antón Fraguas Fraguas . Con palabras do traxe tradicional galego decoran as camisetas 👕👚 os nos@s nen@s. Un gran traballo!! https://www.osil.info/tendal-xigante-no-malecon-do-barco-para-homenaxear-a-antonio-fraguas/

LETRAS GALEGAS 2019 🖍🗒

Imaxe
     Este ano no día das Letras Galegas homenaxeamos a  A ntón Fraguas Fraguas ,o cal dedicou a súa vida ó estudo da cultura e do territorio galego en diferentes ámbitos,con especial atención e mestría á antropoloxía.    Defendeu o idioma propio como lingua de expresión para calquer coñecemento mediante os seus traballos.      Foi historiador, mestre e director do Museo do Pobo Galego; un dos fundadores da Sociedade de Lingua e membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos.  No centro quixemos celebrar este dia con bailes,recitados e cantos galegos; dedicándolle así,a nosa particular homenaxe. x