Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2019

MAGOSTO

Imaxe
                                 🌰🌰🌰 MAGOSTO 🌰🌰🌰       O 11 de Novembro coincidindo coa festividade de San Martiño,celebramos o magosto no centro.      Debido á climatoloxía adversa, este ano a celebración quedou acotada nas dependencias  do centro.                   

SAMAÍN

Imaxe
           CELEBRACIÓN DO SAMAÍN   O SAMAÍN é unha festividade de orixe celta; no noso centro o pasado 30 de Outubro celebrámolo con disfraces, comidas monstrosas e o visionado dunha pelicula acorde á temática deste día,así de ben o pasamos!                                       

DIA DAS BIBLIOTECA ESCOLARES

Imaxe
           Día das Bibliotecas Escolares       O 24 de Outubro, coa celebración do Día das Bibliotecas Escolares e aproveitando a nosa participación nun Plan Proxecta que leva por título Elas tamén contan , coa biblioteca escolar como lugar de búsqueda de información, propomos para este curso unha "Busca do Tesouro" a nivel de aula.    A travès dunha serie de pistas colgadas a diario no panel informativo da biblioteca, investigarán ata descobrir cada venres quen é a muller destacada da sociedade galega escollida cada semana.    Deportistas galegas son as escollidas para o primeiro trimestre,a continuación podemos ver a presentación da actividade realizada neste día.                                                             

Musical Bela e Besta

Imaxe
                           MUSICAL “A BELA E A BESTA”     O pasado 22 de Otubro, invitados pola Coordinadora provincial dos Equipos de Dinamización da Lingua Galeg a, asistimos á representación no auditorio de Ourense deste musical interpretado por alumnado e profesorado do Instituto de Verín.  Fixemos tamén un roteiro pola capital da nosa provincia.      A reportaxe fotográfica desta bonita experiencia a continuación:                               

Exposición na Biblioteca

Imaxe
ANTÓN FRAGUAS NA BIBLIOTECA DO BARCO       O alumnado de cuarto a sexto de primaria, participa na biblioteca Municipal do Barco: Florencio Delgado Gurriarán, nunha charla e exposición informativa sobre a vida e obra de Antón Fraguas, autor homenaxeado polas letras galegas 2019.

LETRAS GALEGAS CON OUTROS CENTROS

Imaxe
  Os centros educativos do Barco, participamos  nesta actividade,que como todos os anos, é levada a cabo baixo a coordinación dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega para homenaxear  a Antón Fraguas Fraguas . Con palabras do traxe tradicional galego decoran as camisetas 👕👚 os nos@s nen@s. Un gran traballo!! https://www.osil.info/tendal-xigante-no-malecon-do-barco-para-homenaxear-a-antonio-fraguas/

LETRAS GALEGAS 2019 🖍🗒

Imaxe
     Este ano no día das Letras Galegas homenaxeamos a  A ntón Fraguas Fraguas ,o cal dedicou a súa vida ó estudo da cultura e do territorio galego en diferentes ámbitos,con especial atención e mestría á antropoloxía.    Defendeu o idioma propio como lingua de expresión para calquer coñecemento mediante os seus traballos.      Foi historiador, mestre e director do Museo do Pobo Galego; un dos fundadores da Sociedade de Lingua e membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos.  No centro quixemos celebrar este dia con bailes,recitados e cantos galegos; dedicándolle así,a nosa particular homenaxe. x
Imaxe
  CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO 📚       O  23 de Abril, conmemorando o día internacional do libro📖📔 ,o alumnado participou nunha sesión de contacontos sobre emocións a cargo de Elisa Maneiro. A orixe do día do libro remontase a 1926. O 23 de Abril de 1616 morrían Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.
Imaxe
CONMEMORACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE E DA CHEGADA DA PRIMAVERA      O 21 de Marzo os alumn@s do centro participaron nesta actividade de prantación de árbores de ribeira na zona do Salgueiral en colaboración co concello e o persoal de medio rural do Concello do Barco        O día acompañou e todos desfrutamos moito.        Agora a agardar que esas prantiñas medren fortes.       Na prensa aparecen máis fotos dia tan memorable,que se compartiu co resto dos centros da comarca. https://somoscomarca.es/os-colexios-do-barco-celebraron-dia-da-arbore-no-salgueiral/