LETRAS GALEGAS 2019 🖍🗒


     Este ano no día das Letras Galegas homenaxeamos a Antón Fraguas Fraguas,o cal dedicou a súa vida ó estudo da cultura e do territorio galego en diferentes ámbitos,con especial atención e mestría á antropoloxía.   
Defendeu o idioma propio como lingua de expresión para calquer coñecemento mediante os seus traballos.

     Foi historiador, mestre e director do Museo do Pobo Galego; un dos fundadores da Sociedade de Lingua e membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos.

 No centro quixemos celebrar este dia con bailes,recitados e cantos galegos; dedicándolle así,a nosa particular homenaxe.












x

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Letras Galegas no Paseo do malecón do Barco

Samaìn