Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2025

Samain

Imaxe
SAMAÍN Nesta data de celebración desta festividade os nenos tiveron unha mañá moi axetreada cociñando comidas monstrosas e realizando obradoiros de pintado de pedras, elaboración de "moricegos" e monstros de cores. Ademais partciparon na decoración de cabazas para a exposición no centro. Tamén realizaron traballos variados neste día.

Día das Bibliotecas escolares

Imaxe
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES Como actividade potenciadora da lectura e o gusto polos libros,este 27 de Outubro o alumnado dos cursos superiores, leulle contos aos máis pequeniños. Unha actividade que sempre lles encanta a todos.

Convivencia Yosso e Florencio

Imaxe
CONVIVENCIA ESCOLAR NO BOLO “YOSSO E FLORENCIO, DESCUBRINDO A ARTE NA PAISAXE” O alumnado de cuarto de primaria desprazouse ata o museo Yosso de O Bolo, onde participou nunha xornada de convivencia, centrada na poesía, a pintura e a paisaxe, con outros colexios da bisbarra, organizada pola Fundación Florencio Delgado Gurriarán, para coñecer un pouco máis a estes dous artistas.