Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2024

🕊 🕊 30 de Xaneiro 🕊 🕊

Imaxe
DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ. 30 DE XANEIRO Este ano conmemoramos este día cunha cantiga e un baile de todo o alumnado con cintas brancas "Receita de paz , a confección grupal dun símbolo da Paz, a elaboración de chapas e a impresión do símbolo en 3D. Aquí tedes as imaxes!

Obradoiro de nutrición

Imaxe
No centro, desenvolveuse un taller de nutrición impartido pola nutricionista do Centro de Saùde do Barco repartido en dous días : - 6 de Outubro:" Comendo cores" para 3°e 4° de Educación Primaria. - 30 de Outubro: "Garabanciño come saniño" para 1° e 2° de Educación Primaria.

Asociación Cultural Abertal

Imaxe
ASOCIACIÓN CULTURAL ABERTAL O pasado 26 de Setembro no salón de actos "Fuxan os Ventos" do noso colexio, encheuse de música tradicional, coa visita dalgúns compoñentes da Asociación Abertal, que quixo achegar a súa música e presentar algúns instrumentos aos nosos pequenos e animalos a formar parte da súa familia.

TABÚ : 21 dias co galego e +

Imaxe
O noso alumnado de 2° ciclo de Educación Primaria elaborou un Tabú moi divertido co que pasaredes un bo rato,atrevedesvos xogar? Botádelle un 👁 :

21 DÍAS CO GALEGO E +

Imaxe
O 17 de Xaneiro Inaugurouse no Ceip Ramón Otero Pedrayo o Programa 21 DÍAS co galego e + cunha xornada de Xogos Populares Galegos. Iniciamos este programa, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, para potenciar o emprego da lingua galega entre o noso alumnado. Aquí tedes as imaxes do día tan divertido que pasamos! Enlances 📎 :