SAMAÍN Nesta data de celebración desta festividade os nenos tiveron unha mañá moi axetreada cociñando comidas monstrosas e realizando obradoiros de pintado de pedras, elaboración de "moricegos" e monstros de cores. Ademais partciparon na decoración de cabazas para a exposición no centro. Tamén realizaron traballos variados neste día.
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES Como actividade potenciadora da lectura e o gusto polos libros,este 27 de Outubro o alumnado dos cursos superiores, leulle contos aos máis pequeniños. Unha actividade que sempre lles encanta a todos.
CONVIVENCIA ESCOLAR NO BOLO “YOSSO E FLORENCIO, DESCUBRINDO A ARTE NA PAISAXE” O alumnado de cuarto de primaria desprazouse ata o museo Yosso de O Bolo, onde participou nunha xornada de convivencia, centrada na poesía, a pintura e a paisaxe, con outros colexios da bisbarra, organizada pola Fundación Florencio Delgado Gurriarán, para coñecer un pouco máis a estes dous artistas.
Co gallo do dia das Letras Galegas o próximo dia 17 de Maio,os centros educativos da comarca realizamos como cada ano,a actividade para conmemorar este día; colocando os nosos traballos no paseo do Malecón do Barco. Aqui tedes os nosos traballiños tan fermosos: https://osil.info/pandeiretas-decoradas-e-versos-de-cantigas-nunha-fermosa-mostra-no-malecon-do-barco/?fbclid=IwY2xjawKROKJleHRuA2FlbQIxMQABHgcSaxkH4D_G_P3pUP3ajcLeckKMaLK7c-nazfjoT2j5EwPPIR-od6iPogSy_aem_omggD0XNVR_nCPKvpDG-wg